sábado, 19 de junho de 2010

Hervir un Oso

Guión e debuxo de Miguel Noguera e Jonathan Millán. Belleza Infinita, 2010.


O que conta: Unha idea disparatada tras de outra, non-stop.
O bo: O humor de vangarda de Miguel Noguera, a cousa máis guai do momento.
O malo: Rematas por sabelo de memoria.
Tetas: Non.
Ven sendo: Un Ultrashow feito comic, imaxinación e surrealismo en vea.
Belfrys: (4/5)

303

Guión de Garth Ennis. Debuxo de Jacen Burrows. Glénat, 2008.


O que conta: Un veterano soldado soviético atopa un segredo incómodo no Afganistán.
O bo: A sorprendente conclusión, e a reverencia e bo facer de Ennis co xénero bélico.
O malo: É unha historia tan da Era Bush que xa perdeu un pouco o seu impacto.
Tetas: Non.
Ven sendo: Un relato seco, antibelicista e apaixoante.
Belfrys: (4/5)

Chronicles of Wormwood

Guión de Garth Ennis. Debuxo de Jacen Burrows. Glénat, 2008.


O que conta: O Anticristo é bo tipo, vive en New York e non lle tarda o Apocalipse.
O bo: Ennis volve ao humor bruto e a blasfemia, dúas das súas especialidades.
O malo: Despois de lerlle o grandioso Predicador, esta historia fica algo pequena e sosa.
Tetas: Si.
Ven sendo: Risos gamberros e afiadas reflexións sobre o cristianismo.
Belfrys: (3/5)

quinta-feira, 17 de junho de 2010

Astro City 3: Álbum de Familia

Guión de Kurt Busiek. Debuxo de Brent Anderson. Norma, 2010.

O que conta: Historias moi persoais nunha cidade con superpoboación de superheroes.
O bo: O optimismo, a amabilidade e o amor polo xénero, todo contaxioso.
O malo: A historia de Jack para min non está á altura do resto do volume.
Tetas: Non.
Ven sendo: Unha ollada intelixente, positiva e diferente ao superheroísmo. Do mellor de Busiek.
Belfrys: (4/5)

terça-feira, 15 de junho de 2010

Punisher 12: Seis Horas Para Matar

Guión de Duane Swierczynski. Debuxo de Michel Lacombe. Panini, 2010.



O que conta: Un veleno deixa a Frank Castle con só seis horas de vida por diante.
O bo: Cunha premisa coma esta, é im-po-si-ble facer un mal comic.
O malo: Botei en falta un pouco máis do toque Ennis, que tanto definiu a colección.
Tetas: Si.
Ven sendo: Outra escura e violenta historia do Punisher da liña MAX, correcta e que presta.
Belfrys: (3/5)

El Llanero Solitario

Guión de Brett Matthews. Debuxo de Sergio Cariello. Planeta, 2009.



O que conta: Como o ranger solitario chegou a ser o ranger solitario.
O bo: A sublime narración gráfica. E Toro éche un auténtico badass!
O malo: Badass si, pero sen motivación aparente fai un pouco de máis o papel de "negro máxico".
Tetas: Non.
Ven sendo: Unha excelente vaquerada moderna.
Belfrys: (4/5)

quarta-feira, 9 de junho de 2010

The Last Resort

Guión de Justin Gray e Jimmy Palmiotti. Debuxo de Giancarlo Caracuzzo. Planeta, 2010.


O que conta: Brote de virus zombificador en turistificada illa caribeña.
O bo: Sexo, droga e mortos vivintes. E portadas curriñas de Darwyn Cooke.
O malo: O rollo zombie xa vai un pouco queimado.
Tetas: Si.
Ven sendo: Un entretido comic de xénero, que calca o estilo de Dawn of the Dead.
Belfrys: (3/5)

Hicksville

Guión e debuxo de Dylan Horrocks. Astiberri, 2010.



O que conta: O segredo dun pobo neocelandés no que todos os habitantes adoran os comics.
O bo: Cando o rematas, xa tes gana de darlle outra volta. E de emigrar para Hicksville!
O malo: O estilo de debuxo, sinxelo e fanzineiro, pode botar para atrás a máis de un.
Tetas: Non.
Ven sendo: Un emocionante desfile do orgullo comiqueiro, que celebra o corazón e as posibilidades do medio.
Belfrys: (5/5)

terça-feira, 8 de junho de 2010

Lobezno: Agente de S.H.I.E.L.D.

Guión de Mark Millar. Debuxo de John Romita Jr. Panini, 2009.


O que conta: A conclusión do que comezou en Enemigo del Estado.
O bo: Non hai máis ca hostias, morte e destrucción.
O malo: Non hai máis ca hostias, morte e destrucción.
Tetas: Non.
Ven sendo: -Son 52.000, valos matar ti so? -Satamente.
Belfrys: (4/5)

domingo, 6 de junho de 2010

Jonah Hex: La Guerra del Revólver

Guión de Justin Gray e Jimmy Palmiotti. Debuxo de Cristiano Cucina. Planeta, 2010.


O que conta: Hex xúntase con antigos aliados para loitar contra un poderoso inimigo.
O bo: A volta de personaxes tan chulos coma Bat Lash e Tallulah.
O malo: O chungo formato no que está editada a serie, e que entre o anterior volume e este saltasen máis de vinte números.
Tetas: Tapadas por obxectos/sombras nas escenas con espido.
Ven sendo: Vaquerada espesa e truculenta ben pensada para un público actual.
Belfrys: (3/5)

El Ojo Mágico de Kelly 1

Guión de Tom Tully. Debuxo de Solano López. Planeta, 2010.


O que conta: Un home atopa un amuleto inca que volve invulnerable ao seu portador.
O bo: O debuxo, e o non parar de aventuras exóticas e pulposas.
O malo: Tanto perder/recuperar o amuleto é un pouco repetitivo e previsible.
Tetas: Non.
Ven sendo: Un clásico "de xénero" británico. Entretemento puro e duro.
Belfrys: (3/5)