segunda-feira, 31 de maio de 2010

Iron Man: El Demonio en una Botella

Guión de David Michelinie e Bob Layton. Debuxo de John Romita Jr, Bob Layton e Carmine Infantino. Panini, 2010.


O que conta: O traxe de Iron Man non furrula ben. E o que vai dentro pégalle ao frasco.
O bo: Todo o que pode ter un un clásico da Marvel.
O malo: Arquetípico e convencional. Pero esa é a gracia, ou?
Tetas: Non ho!
Ven sendo: De primeiro de superheroísmo. O básico de Iron Man, disque.
Belfrys: (4/5)

No Hero

Guión de Warren Ellis. Debuxo de Juan José Ryp. Glénat, 2010.


O que conta: Distopía superheroica, droga sicodélica mediante.
O bo: A conspiranoia e o gamberrismo de Ellis, enchoupados en pero-mogollón de gore.
O malo: Os personaxes non teñen carisma abondo para que importe que lles estoupen as entrañas.
Tetas: Si, pero nunha alucinación de moi mal rollo.
Ven sendo: Un Ellis menor para unha editorial independiente que deixa facer.
Belfrys: (3/5)

El Arte de Volar

Guión de Antonio Altarriba. Debuxo de Kim. De Ponent, 2009.


O que conta: A vida dun home, marcada pola guerra civil española.
O bo: O realismo, o sentimento, a sinceridade, a historia oculta. Arríncache o corazón.
O malo: A vida é unha merda, e logo morres.
Tetas: Si.
Ven sendo: O Maus celtibérico. A comparación é inevitable.
Belfrys: (5/5)

Un Zoo en Invierno

Guión e debuxo de Jiro Taniguchi. Ponent Mon, 2010.


O que conta: Os comezos dun rapaz solitario no mundo do manga dos anos 60.
O bo: Taniguchi é un grande narrador gráfico. Debuxa bonito e conmovedor.
O malo: Pouca sorpresa, pouca personalidade. Todo-O-Mundo-É-Bo.
Tetas: Si.
Ven sendo: O Taniguchi de sempre facendo Los Profesionales en plan sensible e sen picardía.
Belfrys: (3/5)