Mostrando postagens com marcador jacen burrows. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador jacen burrows. Mostrar todas as postagens

sábado, 19 de junho de 2010

303

Guión de Garth Ennis. Debuxo de Jacen Burrows. Glénat, 2008.


O que conta: Un veterano soldado soviético atopa un segredo incómodo no Afganistán.
O bo: A sorprendente conclusión, e a reverencia e bo facer de Ennis co xénero bélico.
O malo: É unha historia tan da Era Bush que xa perdeu un pouco o seu impacto.
Tetas: Non.
Ven sendo: Un relato seco, antibelicista e apaixoante.
Belfrys: (4/5)

Chronicles of Wormwood

Guión de Garth Ennis. Debuxo de Jacen Burrows. Glénat, 2008.


O que conta: O Anticristo é bo tipo, vive en New York e non lle tarda o Apocalipse.
O bo: Ennis volve ao humor bruto e a blasfemia, dúas das súas especialidades.
O malo: Despois de lerlle o grandioso Predicador, esta historia fica algo pequena e sosa.
Tetas: Si.
Ven sendo: Risos gamberros e afiadas reflexións sobre o cristianismo.
Belfrys: (3/5)